Exposición didáctica "Aves de Galicia"
30-04-2012
A exposición didáctica
"Aves de Galicia", estará aberta ao público dende hoxe, luns 30 de abril, ata o venres 4 de maio
(o martes, 1 de maio permanecerá pechada) no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
Trátase dunha exposición itinerante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Dirección Xeral de Conservación da Natureza) da Xunta de Galicia en colaboración coa Obra Social La Caixa, que pretende achegar a poboación ao medio natural a través das aves.
Está prevista a participación de todo o alumnado do CEIP Labarta Pose de Baio (115), 30 do CPI de Zas e 27 de 1º de ESO do IES Maximino Romero Lema.
Ademais tamén hai dúas
visitas guiadas- o mércores e o venres, de 17:30 a 18:30h- reservadas para aquelas persoas adultas que queiran estar acompañados dun monitor que lles explique a exposición. OS interesados só teñen que achegarse para participar.
Deixámosvos as imaxes dos grupos de escolares de 1º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Labarta Pose de Baio, de 1º e 2º do CEIP de Zas e do primeiro grupo de persoas adultas que participaron nas visitas guiadas.