Camiño Portugués: 1ª etapa

16-04-2012

Un ano máis continuaremos cos Camiños de Santiago. Nesta ocasión, atreverémonos co Portugués, dende Tui ata Santiago de Compostela.

A primeira etapa tivo lugar o sábado 14 de abril e foron uns 25 km que se camiñou dende a fronteira portuguesa ó outro lado da ponte de Tui, ata Mos. A pesares das inclemencias do tempo as 40 persoas participantes na etapa chegaron sen dificultade no horario previsto.

O próximo sábado 21 de abril terá lugar unha nova etapa: dende Mos ata Santa Comba de Bértola, outros 25km.

Podedes ver as imaxes desta primeira etapa na galería de imaxes do camiño.
Compartir: