Entroido en Zas 2012

08-02-2012

O entroido chega primeiro para os máis pequenos con obradoiros e xogos, o mércores 15 e o xoves 16 no centro sociocultural de Zas e o luns 20 e martes 21 no centro sociocultural de Baio. É necesario inscribirse no tfno 981 751 398.

O sábado 18 tócalle aos maiores cun baile-concurso de disfraces de 20 a 23h no centro socicultural de Zas coa actuación grupo Marisma.

O martes 21 o Tren do Entroido percorrerá pola tarde as rúas de Zas e Baio, haberá xogos tradicionais na Praza do Concello e concurso de disfraces no Centro Sociocultural de Zas onde haberá ademais orellas e rosquillas para todos!
Compartir: