Cursos de informática

03-02-2012

CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA. Está incluído no Programa de Actividades do Concello 2011-2012 presentado o pasado mes de outubro. Participan 13 persoas en cada grupo, e imos co segundo grupo en cada localidade. Na Aula de Informática Municipal de Baio lévanse a cabo os luns e mércores en horario 20h a 21.30h, e na Aula de Informática Municipal de Zas os martes e xoves, tamén no mesmo horario.

CURSO BÁSICO DE INTERNET PARA PERSOAS ADULTAS. Dirixido a aquelas persoas que non tiveran contacto previo coa informática nin coa rede de Internet. Participan 7 mulleres. Comezou o pasado 11 de xaneiro e remata o 2 de marzo. As clases ten lugar os mércores e venres na Aula de Baio en horario de 17h a 18:30h . Poden anotarse, aínda hai prazas para o seguinte curso.

INFORMÁTICA EDUCATIVA. Dirixido a nenos e nenas de educación infantil. Comezamos o pasado 19 de xaneiro e remataremos o 22 de marzo. Lévanse a cabo os xoves na Aula de Baio en horario de 17:15 a 18:15. Participan 9 nenos e nenas. Haberá un novo grupo que xa está cuberto unha vez finalizado este, a partires do 29 de marzo.
Compartir: