ABERTA A INSCRICIÓN PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

07-12-2007

O Concello de Zas organiza, en colaboración co grupo de teatro Badius, a Escola Municipal de Teatro, dirixida a encamiñar ao teatro e a interpretación a nenos/as de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.


O horario de clases será os Sábados de 12.30h a 14.00h en Baio e de 15.30h a 17.00h en Zas. As clases comezarán o sábado día 12 de Xaneiro de 2008.

Os interesados poden anotarse na Biblioteca do Concello ou no teléfono 981 75 13 98.

Compartir: