O Nadal continúa no Concello de Zas
02-01-2012
Tal e como poderedes ver na galería de
imaxes Nadal 2011, os veciños e veciñas do Concello, especialmente os máis pequenos, xa levan gozado moito nestas festas.
Teatro, monicreques, a visita de Papá Noel e os obradoiros de Nadal no Centro sociocultural de Baio foron as actividades máis destacadas.
Esta semana retomamos os obradoiros de manualidades, nos que xa participaron diariamente unha media de 26 nenas e nenos. Despois do éxito acadado en Baio, o
Centro sociocultural de Zas será o escenario onde os máis pequenos desenvolverán as súas habilidades,
do 2 ao 4 de xaneiro.
Finalmente, o
xoves 5 de xaneiro terá lugar a
Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas de Zas a partir das 6 da tarde. A actuación de
Roi o Cagabolos comezará ás 7 e media da tarde, tamén no Centro Socio-cultural de Zas.