O Clube Baloncesto Baio preséntase no I Trofeo Seguros Reale

26-10-2011

O Clube Baloncesto Baio, co que colaboran a Deputación da Coruña, o Concello de Zas, Ramos-Alidis e Seguros Reale, preséntase ante os afeccionados o próximo domingo día 30. A cita é ás 10 e media da mañá, no Pavillón Municipal de Baio.

Ademais, o mesmo día celébrase o I Trofeo Seguros Reale, que se disputará entre os equipos do clube, e os do Artai.

Finalmente, indicar que a Escola de baloncesto de Baio segue a ter aberto o prazo de inscricións para as persoas interesadas. Os adestramentos realízanse os martes e xoves de 18:30 a 20:30 horas no Pavillón Municipal de Baio.
Compartir: