Fin do Camiño a pé Fisterra - Muxía

17-10-2011

Este sábado 15 de outubro tivo lugar a derradeira etapa do Camiño de Fisterra a Muxía, na que participaron 70 persoas do Concello de Zas, acompañadas polo alcalde, Manuel Muíño.

Os participantes percorreron os 16 quilómetros que separan Lires de Muxía, onde recolleron a Muxiana que os acredita como peregrinos.

Despois de visitar o Santuario da Virxe da Barca, celebraron un xantar de confraternidade, dando por rematada unha andaina iniciada hai un ano en Sarria, que levou a Santiago, despois a Fisterra e finalmente a Muxía.

Nas ligazóns ao pé poden ver as últimas imaxes incorporadas e a galería das etapas percorridas no 2010.
Compartir: