O outono, estación ideal para facer o Camiño a pé Fisterra-Muxía

09-09-2011

Os vindeiros días 8 e 15 de outubro celebraranse as dúas últimas etapas do Camiño a pé Fisterra-Muxía. Nesta ocasión, o Camiño desenvolverase en dúas rutas de aproximadamente 14 e 17 quilómetros de percorrido.

O ano pasado o Camiño discorreu desde o Cebreiro a Santiago (4 etapas), continuou este verán desde Santiago a Fisterra (4 etapas) e rematará este outono coas dúas etapas que restan de Fisterra a Muxía.

No link ao pé poden ampliar información.
Compartir: