PROGRAMACIÓN DE NADAL EN ZAS

07-12-2008

O Concello de Zas vén de anunciar a súa programación cultural para este Nadal. A oferta para estas festas contén variedade de opcións, que inclúen teatro, títeres, cine, obradoiros e, mesmo un concerto de música clásica no que se poderán escoitar pezas de bandas sonoras de cine infantil.

A primeira cita é a representación, o sábado 15 de decembro, da obra "O gordo e o calvo van ao médico", a cargo da compañía Os 7 magníficos + 1. As actividades de Nadal rematarán o día 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis.

Podes consultar a programación na nosa axenda.

Compartir: