Rotundo éxito do Día da Bicicleta 2011

24-08-2011

Ano a ano o Día da Bicicleta vai gañando adeptos. Na edición 2011 desta iniciativa participaron 150 persoas de todas as idades. Tomaron a saída o domingo 21 de agosto na ruta programada polo Concello.

Foi un paseo de case 30 quilómetros, que rematou cun xantar de convivencia e co sorteo de agasallos, nos que resultaron afortunados Damián Pardiñas (cun casco), Susana Romero (cunha equipación) e Isabel Novo (cunha bicicleta).

Todos eles recibiron os obsequios de mans do alcalde, Manuel Muíño, que tamén participou na ruta.

Podedes visualizar as imaxes destacadas na nosa galería Día da Bicicleta 2011.
Compartir: