Fin de semana deportivo en Zas
17-08-2011
Xa superado o ecuador do verán, o Concello de Zas ofrece nesta fin de semana dúas xornadas adicadas ao deporte e á natureza.
O
sábado día 20 ás nove e media da mañá comezará a
xornada do deporte de aventura para persoas adultas. Os participantes poderán realizar actividades como tirolina, escalada, ponte tibetana e liga de paintball durante todo o día. A saída realizarase desde a Praza do Concello.
Ao día seguinte celebrarase unha nova edición do
Día da Bici. Despois da realización do percorrido terá lugar un
xantar de convivencia onde se fará un sorteo de diferentes agasallos entre os/as participantes. A saída será tamén as dez da mañá, na Praza do Concello.
O Camiño a pé Fisterra-Muxía
Esta semana
ábrese o prazo de inscrición para a realización das seguintes etapas do Camiño a pé Fisterra-Muxía. Os interesados poden anotarse
ata o 29 de setembro.
O ano pasado a ruta discorreu desde o Cebreiro a Santiago (4 etapas). Continuou este verán desde Santiago a Fisterra (4 etapas) e rematará este outono coas dúas que restan de Fisterra a Muxía.
Nesta ocasión, o Camiño desenvolverase en dúas etapas de 14 e 17 quilómetros. aprox, os
sábados 8 e 15 de outubro. O prezo é de 5 euros por etapa.
No link ao pé poden ampliar información.