Seguen as actividades de Verán en Zas

22-08-2011

CAMPAMENTO

Este xoves 21 de xullo chegaron os 38 nenos/as participantes de entre 7 e 14 anos, do campamento que se levou a cabo esta semana, onde tiveron a oportunidade de pasar dúas noites fóra da casa e realizar actividades como escalada, tirolina, paintball, tiro con arco, ponte tibetana, sendeirismo, veladas... Xa se poden ver as imaxes deste campamento.

TIRO CON ARCO

O próximo sábado 23 e o 30, levaranse a cabo as sesións do curso de Tiro con arco, no campo de fútbol de Zas, en horario de 11 a 13:30h.

EXCURSIÓN AO AQUAPARK

Terá lugar o xoves, 28 de xullo.

SEMANA CULTURAL

Dará comezo o 31 de xullo, ata o 7 de agosto. Bótalle unha ollada ao folleto
Compartir: