Última andaina do Camiño Fisterra-Muxía

13-10-2011

O pasado sábado, 8 de outubro un grupo de 70 persoas de todas as idades do Concello de Zas realizaron a penúltima das etapas do Camiño de Fisterra a Muxía, na que percorreron os 17 quilómetros que separan o Faro de Fisterra da localidade de Lires.

A última andaina terá lugar o próximo sábado 15 de outubro. A saída está programada para as 8 da mañá, na Praza do Concello. O/as participantes camiñarán desde Lires ata a Capela da Nosa Señora da Barca de Muxía.

A modo de clausura, e logo de recoller a muxiana, haberá unha comida na que os camiñantes poderán compartir as súas experiencias nesta exitosa actividade.

Esta iniciativa organizada polo Concello de Zas tivo os seus inicios o ano pasado, co percorrido do Camiño Francés dende Sarria a Santiago de Compostela, e continuou antes do verán deste ano, dende Santiago a Fisterra.

Poden ver as imaxes do Camiño no link ao pé.
Compartir: