CLAUSURA DA IV ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO INFANTIL DO CONCELLO DE ZAS

27-05-2011

ACTIVIDADE:Terá lugar a representación das obras, nas que traballaron ao longo de todo o curso un total de 55 nenos e nenas do Concello de Zas dirixidos por Marco Álvarez e Pablo Soto "Pibe", do grupo de Teatro Badius de Baio.

OBRAS QUE SE REPRESENTARÁN: Levaranse a cabo un total de 9 representacións: A cea de Bea, A bolboreta e a tartaruga, Casados de pouco, Pedriño e a moeda de prata, Serenidade e paciencia, A nova asistenta, Catecismo do labrego, O pauto, e Prestige.

DATA: Sábado, 28 de maio de 2011
HORA: 19:30h.
LUGAR: Auditorio de Baio
Compartir: