XX TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE ZAS

30-10-2007

O Concello de Zas inaugurará de xeito oficial o novo céspede artificial do campo municipal Platas Reinoso de Baio o XOVES 1 NOVEMBRO; e farao cunha festa do fútbol na que participarán todas as categorías dos dous equipos de fútbol do concello, o C.D. BAIO e o SP. ZAS.

A xornada comezará ás 14.00h coa disputa duns partidiños amigables que enfrontarán aos infantís, cadetes e xuvenís do C.D. BAIO e do SP. ZAS.

Ás 16.00h disputarase o XX Trofeo de Fútbol Concello de Zas entre os equipos do C.D. BAIO (2ª rexional) e o SP. ZAS (1ª provincial). O alcalde Manuel Muíño fará entrega dos trofeos e dun lote de balóns a cada equipo.

Para rematar celebrarase unha churrascada á que están convidados as directivas e xogadores do dous clubs así como os pais dos rapaces das categorías inferiores.
Compartir: