CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

11-05-2011

A CME xurdiu como un movemento da sociedade civil para dar seguimento aos 6 obxectivos de Educación para Todos e Todas (EPT) acordados polos participantes no Foro Mundial sobre a Educación celebrado en Dakar, Senegal en abril de 2000.

Así mesmo, a CME céntrase nos dous Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio relacionados con educación:
? Obxectivo 2, que pretende garantir que todos os nenos e nenas finalicen
un ciclo completo de ensino primario.
? Obxectivo 3, que busca eliminar a desigualdade de xénero en ensino
primario e secundario, preferentemente en 2005; e a todos os niveis en
2015.

Colabora: Fundación Axuda en Acción, Entreculturas, InteRed, Educación Sen Fronteiras, Seminario Galego de Educación pola Paz e Xoves e Desenvolvemento.

DATAS NAS QUE SE PODE VISITAR:
Do día 26 de abril ó 13 de maio no Centro Sociocultural de Baio
Do día 16 de maio ao 3 de xuño no Centro Sociocultural de Zas
Compartir: