IV FESTA DA LINGUA

02-05-0201

Esta actividade, organizada pola Deputación da Coruña, ten lugar cada ano nunha comarca de Galicia e nesta IV edición terá lugar en Carballo e o Concello de Zas colabora na súa organización.

A IV Festa de Lingua terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio no Pazo da Cultura de Carballo.

Actuarán Marfúl e Berrobambán, nunha gala presentada por Yolanda Castaño.

A entrada é de balde, pero débese recoller convite nos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos colaboradores (Cabana, Carballo, Malpica, Ponteceso e Zas) ou reservar no teléfono 981 704 304, entre o 2 e o 6 de maio, de 11.00 h a 14.00 h.
Compartir: