FIN DO CURSO BÁSICO DE INTERNET PARA PERSOAS ADULTAS

15-04-2011

O venres 15 de abril remata o segundo dos cursos de Internet que se están levando a cabo na Aula de Informática municipal de Baio, no que se
matricularon 10 persoas.

Ábrese un novo prazo para que, aquelas persoas adultas que non teñan coñecementos de informática se anoten co fin de comezar un novo curso, para o que aínda están dispoñibles 7 prazas. O curso comezará unha vez se forme este novo grupo. As sesións impartiranse en horario de tarde.

Máis información no 981.718.056 (de 15h a 21:30h de martes a venres, e sábados de 9:30h a 14:30h e de 16h a 19h)
Compartir: