O ´NOITEBÚS´ CHEGA A ZAS

27-08-2007

A Dirección Xeral de Transportes da CPTOPT da Xunta da Galicia ven de conceder ao noso Concello as seguintes rutas do Programa Noitebús:



- RUTA A: Baio (fronte ao Acuario) - Lamas (taberna Cotelo) - ZAS (Praza do Campo) - Santo Adrián (bar Tabares) - Meanos (igrexa San Martiño) - Muiño (taberna de Andrés) - Brandomil (taberna de Pedro) - Santa Comba (Praza da Feira).

- RUTA B: Fornelos (no cruce) - Baio (fronte ao bar Acuario) - San Clemente (cruce estrada xeral) - Quintáns (taberna de Muiño) - Carreira (na praza) - ZAS (Praza do Concello)- Santa Comba (Praza da Feira).

As saídas serán ás 00.00 h. dos lugares indicados, e o retorno ás 06.00 h. dende a Praza da Feira de Santa Comba.

Os desprazamentos serán realizados durante todos os sábados do 2007 pola empresa Autocares Facal,S.L..

Pola vosa e a nosa tranquilidade...saíde no Noitebús!
Compartir: