CURSOS DE INFORMÁTICA

10-02-2011

Os CURSOS DE INFORMÁTICA BÁSICA, desenvoltos nas aulas de informática dos centros sociais de Baio e de Zas, rematarán o martes día 15 de febreiro en Zas e o mércores 16 en Baio.

Estes cursos que, tiveron lugar en ambas localidades, tiveron unha duración de dous meses cada un. Os días en que se impartiron estas clases foron os martes e os xoves en Zas e os luns e os mércores en Baio cuns horarios de 20:00h a 21:30 h. Cada grupo estivo integrado por 11 alumnos.

Este vindeiro xoves, 17 de febreiro, comenzarán na aula de informática de Zas O SEGUNDO CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA programado desde este concello para este ano. Será impartido os mesmos días e as mesmas horas (martes e xoves de 20:00h a 21:30h). O grupo estará formado por 13 persoas.

En Baio tamén se impartiu un curso Básico de internet para adultos, martes e xoves de 17 a 18.30h, no que participan 10 persoas.

Comezarase cun novo grupo do curso de Internet para persoas adultas o 23 de febreiro con persoas que non teñan coñecementos de Informática que se impartirá os luns e os mércores, en horario de 17 a 18:30h.
Compartir: