SAÍDA AO PARTIDO DE LIGA DO DEPORTIVO

07-02-2011

O Concello de Zas tén programada para este domingo, 13 de febreiro, unha saída á cidade da Coruña, para presenciar en directo no estadio de Riazor o partido de liga entre o R.C. Deportivo e o Villarreal C.F.

A actividade vai dirixida aos nenos e nenas do Concello maiores de 8 anos.

O número de prazas é limitado, e asignaránse por orde de inscrición.

Os interesados en acudir a Riazor, pódense anotar nas oficinas municipais ou ben chamar por teléfono ao 981 708 303.

O prazo para anotarse remata o venres 11 de febreiro ás 14 horas.
Compartir: