VIAXE VISUAL POLA FESTA DA CARBALLEIRA

21-08-2007

Aínda se oen os ecos na Carballeira. Aínda resonan nos nosos oídos as notas de cada unha das actuacións e, se pechamos os ollos, de seguro que voltan as imaxes frescas daquela tarde-noite na que poidemos gozar co bo facer da A.C. Castro Meda, da Banda de Gaitas Terra de Trasancos , do Grupo de Danza A.X. Xiradela ou dos que actuaron de seguido: Radio Cos, Llan de Cubel, Solas, Sharon Shanon e Pepe Vaamonde Grupo.


Agora poñemos á vosa disposición unha selección das fotografías destacadas da XXIV Edición, celebrada con grande éxito o pasado sábado, 4 de agosto.
Compartir: