NOVAS IMAXES DO CAMIÑO DE SANTIAGO POR ETAPAS

18-10-2010

Imaxes da última etapa do Camiño de Santiago feita o sábado 16 de outobro na que se acadou a meta, a catedral de Santiago de Compostela. Preto de 80 persoas do noso Concello presentaron as súas credenciais na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, para dar fe da súa peregrinación, e así conquerir a Compostela.

Por suposto visitamos ao apóstolo Santiago e asistimos á misa do peregrino ás 6 da tarde, e unha vez rematada esta, emprendemos o regreso, dando así por finalizada a nosa peregrinación.


Compartir: