CONCURSO DE VÍDEO CREACIÓN
01-10-2010
O
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas en colaboración cos
EDL do IES Maximino Romero Lema e do CPI de Zas organizan un concurso de vídeo creación
destinado a rapaces e rapazas matriculados durante este curso en estudos de secundaria ou bacharelato nos centros participantes.
Os
obxectivos do concurso son conmemorar a festividade do Samaín, promover o uso da lingua galega entre a xuventude do concello e fomentar a creatividade de base en lingua galega como forma lúdica de galeguización e de creación do mercado cultural.
Poderán
participar os rapaces e rapazas antes mencionados, de maneira individual ou formando equipos.
Os vídeos deberán ter unha temática que relacione o fomento da lingua galega coa
festividade do Samaín, deberán estar en formato AVI e ter unha duración de 3 minutos.
Os equipos ou persoas participantes poderán entregar os seus traballos nos EDL dos centros de ensino
até o día 18 de novembro.
O día
26 de novembro farase público o vídeo
gañador. O
premio será un vale de compra para gastar en calquera libraría do concello de Zas.
Máis info:
Servizo de Normalización Lingüística
Concello de Zas
Praza do Campo, 1
15850 Zas
981 708 303
normalizacion.linguistica@zas.dicoruna.es
http://snlzas.blogaliza.org