CURSO DE TACÓGRAFO DIXITAL E TEMPOS DE CONDUCIÓN E DE DESCANSO

24-09-2010

O Concello de Zas a través da Axencia de Emprego e desenvolvemento local organiza un curso de ?Tacógrafo dixital e tempos de condución e de descanso?.Este curso realizarase o sábado 23 de outubro de 9.00 a 14.00 horas no Centro Sociocultural de Zas, e terá 5 horas de duración.

Esta curso será impartido a través da entidade Gestión Formativa del Transporte GESFORTRANS, e está dirixida a transportistas, conductores profesionais, persoas desempregadas e persoas interesadas en mellorar as súas posibilidades profesionais.

As persoas interesadas en participar ten que realizar a súa inscrición no Concello de Zas, ou ben a través do teléfono 981708303, antes do vindeiro 19 de outubro.
Compartir: