Chegan á súa fin as representacións da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coa comedia “Crime Desorganizado” da Agrupación Teatral Mariñán

20-05-2022

 

Este sábado chegan á súa fin as representacións da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose organizada polo Concello de Zas. E farao da man da Agrupación Teatral Mariñán, de Betanzos, que nos trae unha comedia para todos os públicos que leva por título “Crime desorganizado”. A representación comeza ás 21:30 horas no Auditorio de Zas.

Premios

Unha vez máis, o público terá que valorar de forma anónima a obra cubrindo unha sinxela papeleta. Coa suma de todas as votacións, outorgarase a mellor obra de teatro valorada polo público que recibirá un premio de 200€ xunto cun trofeo e un diploma acreditativos. 

O domingo 29 de maio, a partir das 18:00 horas, o Auditorio de Baio acollerá a clausura da Escola Municipal de Teatro 2021-2022 e a posterior entrega de premios deste certame no que se repartirán 3.500€

 

Compartir: