O Concello de Zas organiza un curso gratuíto sobre a produción de castaña

12-05-2022

 

Co fin de mellorar o aproveitamento forestal no noso municipio  e de fomentar a actividade agraria, o Concello de Zas organiza un curso sobre a xestión dos soutos para a produción da castaña. 

Este é un curso de 12 horas de duración no que se abordarán temas como a elección do lugar da plantación (orientacións e zonas climáticas recomendadas), a preparación do solo (rozas, laboreo,..), a plantación, o manexo do souto (enxertado, poda, rega,…), a mecanización para a recollida do froito, pragas e doenzas dos castiñeiros, etc. A formación será no Centro Sociocultural de Zas os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Esta é unha actividade gratuíta que está dirixida principalmente persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria, produtores en activo, persoas desempregadas e veciñanza en xeral. 

Máis información e inscricións

A data límite para realizar a inscrición é o 25 de maio e todas aquelas persoas interesada poderán ampliar información e anotarse no número de teléfono 981 70 83 03 (en horario de 09:00 a 14:00 horas).

 

Compartir: