Arranca a celebración das Letras Galegas co programa cultural “Maio, mes das letras”

03-05-2022

 

O próximo 10 de maio arranca o programa cultural “Maio, mes das letras”, organizado polo Concello de Zas, con actividades que teñen como propósito divulgar a obra de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Unha boa parte das actividades realizaranse nos propios centros educativos para así achegar a nosa cultura a todos os nenos e nenas. Estas son as citas:

  • 10 de maio: “Problemas”, contacontos infantil de Trinke Trinke Teatro. Ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Zas. Público familiar
  • 12 de maio: “Outra vez!”, con Vero Rilo. Ás 10:30 horas, no Auditorio do Concello. Función escolar
  • 12 de maio: “E a ti… que che contaban?”, con Vero Rilo. Ás 12:30 horas, no Auditorio de Baio. Función escolar
  • 13 de maio: “Mulleres creadoras”, con Silvia Penide e Carla López de Feminino Plural. Ás 10:30 horas no Auditorio do Concello e ás 12:30 horas no Auditorio de Baio. Funcións escolares
  • 19 de maio: “Invisibles”, de Redrum Teatro. Esta é unha función dirixida ao alumnado da ESO e Bacharelato dos centros de ensino municipais que terá lugar ás 12:45 horas no Auditorio de Baio
  • 24 de maio: Problemas”, contacontos infantil de Trinke Trinke Teatro. Ás 18:00 horas, na Axencia de Lectura de Baio. Público familiar

Ao longo deste mes de maio continúa a V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coas seguintes representacións: 

  • 7 de maio: “Sobre o mal que me fai o tabaco”, da Escola Municipal da AA.EE. da Estrada. Ás 21:30 horas no Auditorio do Concello. Maiores de 12 anos
  • 14 de maio: “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro. Ás 21:30 horas no Auditorio de Baio. Para todos os públicos
  • 21 de maio: “A derradeira cea”, de Fauna 113. Ás 21:30 horas no Auditorio do Concello. Dirixida ao público adulto
  • 29 de maio: Clausura do curso 2021-2022 da Escola de Teatro Infantil Municipal e entrega de premios da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Ás 18:00 horas no Auditorio de Baio. Todos os públicos

 

XIII Concurso de Marcapáxinas

As Letras Galegas serán unha vez máis as protagonistas do Concurso de Marcapáxinas organizado polas Bibliotecas Municipais de Zas e de Baio e que xa vai pola 13ª edición. No certame poden participar todas e todos as alumnas e alumnos dos centros escolares do Concello de Zas establecéndose as seguintes categorías:

  • Categoría A: ata os 5 anos
  • Categoría B: de 1º a 5º de Primaria
  • Categoría C: de 6º de Primaria a 4º da ESO

Cada participante poderá presentar un único traballo sobre as Letras Galegas, en papel ou cartolina, a cor, por unha cara e coas dimensións 21x5 cm sendo o 19 de maio a data límite para entregalo. Os traballos premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do 2023. Haberá dous premios por categoría dotados cun lote de libros cada un. 

As bases do XIII Concurso de Marcapáxinas poden consultarse ao final desta nova. 

 

Descargas

Compartir: