O Concello de Zas reparte 3.000 salvamanteis con información turística do noso municipio

08-04-2022

 

Aproveitando a Semana Santa, unha das tempadas de maior actividade turística, o Concello de Zas vén de poñer en marcha unha nova iniciativa coa que se pretende, por un lado, apoiar ao sector hostaleiro do noso municipio e, por outro, promover os nosos principais atractivos turísticos.

Ao longo destes días repartiranse 3.000 salvamanteis individuais de papel nos diferentes locais hostaleiros do Concello de Zas de forma gratuíta. Desta forma, os comensais poderán planificar a súa visita ao noso municipio mentras degustan un bo almorzo, xantar ou cea en calquera dos locais do hostalería do Concello de Zas. 

Trátase dun deseño divertido cun mapa pirata de tesouros turísticos que temos no Concello de Zas; entre os que están Torres do Allo, a ruta da Auga, a Carballeira de Baio, Pico de Meda, o Dolmen Arca da Piosa, Brandomil, entre outros.

 

Ligazóns

Compartir: