I XUNTANZA XERACIONAL LANGUEIRON 2010
15-09-2010
Os veciños da aldea de
Langueirón o próximo domingo día
19 de setembro van facer un
día festivo no cal se reunen varias xeracións de persoas nacidas no lugar e que están polo mundo arriba, desde Canarias , Madrid, Barcelona etc. dende o mais pequeno ata o de mais idade.
Estímase unha participación arredor de
300 veciños, tendo en conta que na aldea so hai unha terceira parte dos asistentes.
O evento terá lugar na
masa común sita na aldea nunha carpa de 375.-metros cadrados e
o programa festivo empezará as 12 da mañá cun pasarúas ofrecido pola charanga de Pino de Val de Mazaricos. A
sesión vermú será ata as dúas da tarde.
Posteriormente terá lugar unha
comida a base de tapeo de callos de entrante, polbo á feira e carne ó caldeiro, postre, café acompañado de viños e refrescos variados.
A continuación terán lugar as seguintes
actividades:
-Actuación do
MAGO SERGIO KAB .
-Proxección de video con fotos antigas dos veciños con montaxe musical.
-Actuación das
pandereteiras e un
concurso de chistes entre os veciños.
-Farase
entrega de unha placa homenaxe a Carmen Romar Otero por ser a veciña de mayor edade que participa no evento. E rendiremos un minuto de silencio en honra o veciño Manuel o Conde recentemente falecido con 95 años.
-Para cerrar a festa haberá unha
actuación musical e servicio de bebidas para os asistentes.
O acto comezará as
12 da mañá e rematará ás 12 da noite e estará limitado ós veciños nativos e familiares.