O CIM de Zas publica unha revista feminista coa colaboración do alumando do noso municipio

29-03-2022

 

Coincidindo coas diferentes actividades organizadas ao redor do 8M, o Centro de Información á Muller de Zas vén de publicar - coa colaboración do alumnado do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose e do IES Maximino Romero de Lema - o primeiro número da revista feminista dixital ELAS. Esta é unha actividade promovida polo Concello de Zas a través da súa Concellerías de Muller, Xuventude e Igualdade dirixida por Patricia Fariña. 

ELAS xorde co propósito de visibilizar o papel das mulleres en diferentes ámbitos e ofrecer así referentes femininos nas aulas. Precisamente esta é unha das principais reivindicacións da coeducación; unha corrente educativa que ten como obxectivo promover unha educación libre de estereotipos de xénero. Desta forma, na revista podemos atopar varios artigos nos que a muller é a protagonista. Carta a miña avoa, Rebeca do Club Deportivo Baio, Isabel Zendal, o programa Libres e Diversxs ou feminismo nas aulas son algúns dos temas que se tratan en ELAS.

Esta é unha revista dixital interactiva que se pode consultar a través dun dispositivo móbil ou dun ordenador. Ademáis, no CIM de Zas e nas dúas bibliotecas municipais estarán a disposición de todas e todos os usuarios un exemplar físico para a súa consulta. 

 

Ligazóns

Compartir: