Completada a renovación dos parques biosaudables dos paseos fluviais de Zas e de Baio

07-03-2022

 

A Brigada Municipal de Obras do Concello de Zas vén de rematar os traballos de renovación dos parques biosaudables instalados nos paseos fluviais de Zas e de Baio. 

As tarefas consistiron na retirada dos elementos existentes que se atopaban deteriorados como consecuencia do uso e na instalación doutros novos cos que se pretende fomentar o deporte ao aire libre entre toda a veciñanza. 

Tanto do deseño do parque como do suministro do material encargouse a empresa Galopín Playgrounds, con sede en Cerceda. Todos os elementos están realizados con materiais respetuosos co medio e coa saúde das persoas e, ademáis de ser intuitivos e moi fáciles de usar, están deseñados para traballar todas as zonas do corpo, mellorar a mobilidade articular e correxir malos hábitos posturais. Na renovación dos parques biosaudables do Concello de Zas investironse algo máis de 15.000 euros.

 

Compartir: