O Concello repartirá 1.750€ no concurso de disfraces que se celebra mañá no pavillón municipal de Zas
28-02-2022
O pavillón municipal de Zas acolle mañá a partir das 19:00 horas o concurso de disfraces organizado polo Concello de Zas, a través da súa área de Cultura, no que se repartirán 1.750€ distribuidos da seguinte maneira:
- Categoría A (de 0 a 5 anos)
- 1º premio: 150€
- 2º premio: 75€
- 3º premio: 50€
- Categoría B (de 6 a 14 anos)
- 1º premio: 150€
- 2º premio: 75€
- 3º premio: 50€
- Categoría C (maiores de 15 anos)
- 1º premio: 250€
- 2º premio: 150€
- 3º premio: 100€
- Grupos e comparsas
- 1º premio: 300€
- 2º premio: 200€
- 3º premio: 100€
- Premio especial “Zaschoqueiro”: 100€ (no que se valorará a peculiaridade e a orixinalidade do disfraz que debe ser artesanal)
Para participar no concurso de disfraces é necesario anotarse previamente nas dependencias municipiais ou o propio día do certame antes das 18:00 horas no pavillón de Zas entregando debidamente cumprimentada a Ficha de Inscrición que se pode descargar a través da seguinte ligazón da Sede Electrónica do Concello de Zas: https://bit.ly/3BmHN6Z
Actividades infantís e filloas á pedra
Como vén sendo habitual nos últimos anos, antes de que comece o tradicional concurso de disfraces haberá unha morea de actividades para os máis novos da casa que comezan ás 16:00 horas e nas que non faltarán os inchables, as sorpresas e incluso un pequeno cabaret infantil.
Ademais ao longo de toda a tarde repartiranse filloas á pedra entre todos/as os/as asistentes. Non faltedes!