Baio prepárase para un sábado de entroido con animación na rúa e rutas de tapas na hostalería

25-02-2022

 

En Baio xa está todo preparado para celebrar unha das nosas festas máis típicas, o Entroido. Este é o plan deseñado polo Concello de Zas, en colaboración coa Asociación de Empresarios Comarca de Soneira e coa Comisión de Festas de Baio.

  • 17:30 horas: Desfile ancestral polas rúas de Baio cos grupos Gaiteiros Desbrosadores, Gaiteiros das Rías Baixas e colectivo Máis Cantos

 

  • 18:30 horas: Serán de entroido na nova praza de Baio cos grupos do desfile e a dinamización do grupo Tabernarios Trío

 

  • 23:00 horas: verbena co Dúo Calú na nova praza 

 

No programa de mañá tamén se inclúe unha ruta de tapas polos diferentes locais de hostalería da vila. Un total de nove establecementos ofrecerán por só 2€ tapas a base de produtos típicos do entroido (filloas, cocido, lacón,…). As tapas serviranse entre as 17:00 e as 23:00 horas.

 

Obradoiros infantís

 

Por outra parte, continúan abertas as inscricións para os diferentes obradoiros infantís de entroido que realizaremos os vindeiros días de forma gratuíta e que están dirixidos a nenas e nenos de 4 a 12 anos.

 

O primeiro taller será este domingo, día 27, nas Torres do Allo e no que os participantes aprenderán a realizar máscaras e escudos. Comeza ás 16:00 horas. O luns, 28 de febreiro, realizaremos no Centro Sociocultural de Zas un obradoiro de entroido no que unha monitora licenciada en Belas Artes ensináralles a crear todo tipo de máscaras a partir de elementos vexatais e refugallos. E xa o martes, 1 de marzo, o Centro Sociocultural de Baio acolle un obradoiro no se construirán máscaras de peliqueiro usando o material goma Eva. Tanto o obradoiro do luns coma o do martes é de 11:00 a 13:00 horas. 

 

Para participar en calquera destes obradoiros é obrigatorio anotarse previamente no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056). 

Novas relacionadas

Compartir: