O Concello de Zas instalará unha escaleira na Ponte Lodoso que dará acceso ao paseo do río

23-02-2022

 

Nestes momentos o Concello de Zas está a espera de ter todas as autorizacións para comezar os traballos de instalación dunha escaleira metálica na marxe da Ponte Lodoso, na Cacharosa, que dará acceso peonil dende a estrada AC-404 ao paseo sobre a marxe do Río Porto. Desta forma daráselle resposta a unha demanda realizada pola Asociación de Veciños Tabeirón de Baio e á que o Concello de Zas destina un total de 8.497,45€.

Unha vez redactado o proxecto, o Concello de Zas tramitou no pasado mes de xaneiro as debidas autorizacións na Axencia Galega de Infraestructuras (debido a que a actuación afecta á estrada de Baio a Santiago de Compostela que é de titularidade autonómica), en Augas de Galicia e en Patrimonio, ao tratarse dunha ponte protexida. Actualmente o acceso ao sendeiro do río realízase a través dunhas escaleiras de pedra de titularidade privada.

Nos últimos anos, a Asociación de Veciños Tabeirón limpou máis de once kilómetros de camiños recuperando un fermoso roteiro ao carón do río Porto ao seu paso pola localidade de Baio. Estes son camiños tramitados diariamente por ducias de veciños e veciñas e tamén que se inclúen nos diferentes eventos deportivos que organiza a entidade veciñal que son toda unha referencia para os amantes do deporte e da natureza. 

 

Compartir: