Un animado pasarrúas percorrerá a feira de Baio deste domingo

17-02-2022

 

Este domingo día 20, terceiro de mes, celébrase a feira de Baio na nova praza da vila. Ao igual que na feira do mes de xaneiro, haberá máis de trinta postos ambulantes de roupa, calzado e alimentación, principalmente, e tamén se poderá ver unha pequena exposición de coches. 

Na feira deste domingo tampouco faltará a animación e diso encargarase o grupo Gaiteiros Desbrosadores que percorrerán as rúas da vila e a zona da feira dende as 11:30 horas. Ademais dos seus ritmos musicais os Gaiteiros Desbrosadores abriranlle as portas ao entroido xa que veñen acompañados dun animador moi especial, Nelson Quinteiro. Esta é unha actuación incluída dentro do programa de Entroido do Concello de Zas coa que o equipo de goberno local pretende contribuír á dinamización da economía da vila.

Novas relacionadas

Compartir: