O Concello de Zas aproba as obras e actuacións que se inclúen no POS+ 2022 e que suman máis de 980.000€
10-02-2022
Esta mañá quedou aprobado por unanimidade o Plan Provincial de Obras e Servizos (POS+) para o 2022 da Deputación da Coruña por un importe total de 981.284,06€. A proposta, que foi o asunto centro do pleno extraordinario celebrado hoxe, aprobouse por unanimidade.
O POS+ da Deputación Provincial divídese en varios apartados con diferentes proxectos en cada un deles nos que o equipo de Goberno do Concello de Zas, encabezado por Manuel Muíño, se centra na conservación das estradas municipais. Estas son as actuacións previstas para este 2022 dentro do citado plan:
- Mellora da capa de rodadura en diferentes estradas de titularidade municipal das parroquias de Meanos, Muíño e Brandomil: 131.087,04€
- Mellora da capa de rodadura en diferentes estradas de titularidade municipal das parroquias de Gándara, Loroño e Vilar: 128.154,97€
- Aglomerado en varias estradas nas parroquias de Baio e Vilar: 32.497,32€
Dentro Plan da Deputación da Coruña tamén se inclúe unha partida de 347.431,81€ dixida ao gasto corrente do Concello de Zas entre os que se inclúen o alumeado público, o mantemento das instalacións municipais, etc.
Paralelamente, dentro do Plan Complementario inclúense 342.112,92€ que se destinarán ás seguintes obras:
- Aglomerado en varias estradas nas parroquias de San Adrián de Castro, Meanos e Muíño: 142.619,03€
- Reforzo do aglomerado de Carreira e Vilaestevez: 131.619,18€
- Renovación das aceras no núcleo urbano de Zas: 67.874,71€
POS+ Adicional 2022
No pleno extraordinario celebrado esta mañá tamén saiu adiante co apoio de toda a corporación municipal o Plan Único de Concellos POS+ Adicional 2022 da Deputación da Coruña dirixido ao financiamento dos gastos sociais extraordinarios por un importe de 85.579,81€ que se destinarán en boa parte á ampliación do Servizo de Axuda no Fogar.