O Concello de Zas presenta ante os comerciantes e hostaleiros diferentes propostas para o impulso da feira de Baio

11-01-2022

 

O Auditorio de Baio acolle mañá, ás 21:30 horas, un encontro no que participarán o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, membros da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira e responsables do sector comercial, hostaleiro e do automóbil de Baio. Durante a xuntanza o rexedor presentaralle as diferentes propostas que o Concello de Zas ten previsto poñer en marcha co fin de impulsar a feira de Baio.

A primeira delas tratará sobre o cambio de ubicación da feira, que dende este domingo - 16 de xaneiro - celebrarase na nova praza da vila. Por este motivo, o Concello de Zas ten previsto realizar varias actividades que teñen como obxectivo dinamizar a actividade comercial da vila. 

 

Novas relacionadas

Compartir: