Zas prepárase para a chegada dos Reis Magos que percorrerán o noso municipio os días 4 e 5 de xaneiro
03-01-2022
No Concello de Zas xa temos todo preparado para a visita dos Reis Magos que, un ano máis, está afectada polas medidas de prevención da COVID19. Aínda así - e sempre que a climatoloxía o permita - Melchor, Gaspar e Baltasar repartirán maxia e ilusión e para iso decidiron percorrer o noso concello en dous días, mañá e o mércores. Desta forma terán tempo para visitar todos os núcleos de poboación e ver así o maior número posible de nenos e nenas para entregarlles un pequeno detalliño.
Farán o percorrido nuns trens cheos de luces e música e estarán acompañados dun reducido número de paxes. Tomade nota do itinerario e dos horarios:
Martes, 4 de xaneiro
A comitiva comezará a súa viaxe polo noso concello ás 10:00 horas e ao longo da mañá visitarán San Adrián, A Devesa, Rial de Abaixo, Caberte, Maxín, A Atalaia, Rial de Arriba, Froxán, San Martiño, Vila, Langueirón, A Santa, Fontespiño, Pedra Padreiro, Marán, Campos, A Lagoa, Pudenza, Brandomil, A Calabanda, Padreiro, Quintáns, Limideiro, Curráis, A Gris, Borreiros, A Xestosa, Os Pedrouzos, As Abellas, O Couto, A Toxa, O Vilar, A Churía e Meanos (campo da Fonte).
Tras un breve descanso ás 15:00 horas continuarán o seu percorrido por Roma, Rus, Meanos, Vilar de Lamas, As Edreiras, Berbia, Romelle, Arcar, Loroño, Baizana, Artón, Sandrexo, Vilar, Saconde, Pazos e Quintáns.
Mércores, 5 de xaneiro
O mércores, día 5 de xaneiros, os Reis Magos e os seus paxes sairán ás 10:00 horas de Vilar do Mato para dende alí dirixirse a A Costa, Follente, Rosende, Mira, Ventoselo, Gontalde, Teixidón, Pedramaior, Carreira, Vilaestévez, Gándara, Quintáns, Vilar Ramiro, Parga, Budián, O Sisto, Sobreira, O Vilar, San Cremenzo, Castro, As Pereiras, Bermello, Cotón do Muíño, Xerne, A Cebola, Muriño, Regalados e O Pombal.
E pola tarde visitarán os lugares de A Cacharoza, Baio Pequeno, Agreanas, Fornelos, Baio, Lamas, Gomarís, Vilachán, Penedo, Andregalla e Zas.
Extremar as precaucións
Co fin de garantir a seguridade, as carrozas irán acompañadas durante o seu percorrido de membros de Protección Civil e da Policía Local polo que, dende o Concello de Zas, rogamos atender ás súas recomendacións así como vixiar en todo o momento aos máis pequenos gardando as debidas distancias de seguridade.
Ademáis, dende o Concello de Zas recordámoslle a todas as persoas que se acheguen a ver os Reis Magos que respecten as medidas sanitarias, tales coma o uso de máscara e manter as distancias de seguridade.
Esta é unha actividade organizada polo Concello de Zas e que se inclúe dentro da programación de Nadal e que conta coa colaboración do Bazar Baio.