O Alcalde de Zas aborda co Xerente da Área Sanitaria A Coruña - Cee a situación no noso municipio despois de detectarse varios casos de coronavirus no CEIP Labarta Pose

03-12-2021

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, púsoxe en contacto esta mañá co Xerente da Área Sanitaria A Coruña - Cee, Luis Verdes, despois de que nos últimos días se detectaran varios casos de coronavirus no CEIP Labarta Pose de Baio que obrigaron a pechar unha aula. 

“Segundo nos transmiron a situación no noso municipio non é alarmante, aínda que é importante que cumpramos coas medidas preventivas como o uso da máscara e manter a distancia de seguridade”, sinala Manuel Muíño. Por este motivo, o Concello de Zas decidiu suspender de forma puntual as Escolas Deportivas de Fútbol aproveitando a ponte festiva, momento no que a actividade se reduce de forma notable.

Luis Verde explicoulle ao rexedor que o número de casos que hai actualmente rexistrados non son sinal de alarma nin a nivel local nin a nivel comarcal, de feito, segundo os datos emitidos o pasado martes pola Consellería de Sanidade no Concello de Zas había 0 casos rexistrados debido a que aínda non foran contabilizados os positivos que se rexistraron no CEIP Labarta Pose durante a fin de semana. O responsable da Área Sanitaria A Coruña - Cee indicoulle ao Alcalde de Zas que nestes casos o protocolo establece non realizar cribados polo que, de momento, descartase esa opción. 

O Alcalde de Zas quere enviar unha mensaxe de tranquilidade a toda a veciñanza xa que, en principio, a situación está controlada e os casos están moi localizados. Aínda así Muíño reitera a importancia aplicar o sentido común para entre todas e todos poñerlle freo a esta pandemia. 

Compartir: