O Auditorio de Baio acolle o día 10 unha sesión informativa sobre os distintos servizos financeiros
02-12-2021

O Auditorio de Baio acolle o vindeiro 10 de decembro ás 20:30 horas unha sesión informativa impartida por persoal do Instituo Galego de Consumo e na que baixo o título “Consumo Responde” abordaranse diferentes temas relacionados cos servizos financeiros.
Información e asesoramento en materia bancaria e financeira; tipos de contas bancarias, contas básicas; comisións; créditos ao consumo e tarxetas revolving; hipotecas e avais; xestións básicas na banca electrónica ou caixeiro e peche de sucursais serán algúns dos temas que se traten nesta sesión que está dirixida a toda a veciñanza.
As persoas interesadas en asistir deben anotarse previamente a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas (981 70 83 03).