FIN DO PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CAMIÑO DE SANTIAGO POR ETAPAS

27-08-2010

O martes 31 de agosto remata o prazo para inscribirse no Camiño de Santiago que se realizará dende Sarria ata Santiago de Compostela en 4 etapas duns 30 kms aproximadamente en sábados alternos:

- Sarria-Gonzar (4 de setembro)
- Gonzar-Melide (18 de setembro)
- Melide-Santa Irene (2 de outubro)
- Santa Irene-Santiago de Compostela (16 de outubro)

En cada unha das etapas, haberá servizo de transporte dende Zas ata o inicio de cada unha das etapas e regreso de novo a Zas unha vez finalizado o percorrido.

Nesta actividade xa hai inscritas unhas 70 persoas.
Compartir: