Chega aos centros educativo o xogo "Zas en Igualdade"

07-11-2021

O Concello de Zas vén de poñer en marcha un novo xogo educativo bautizado como "Zas en igualdade" e co que se pretende, por unha parte, fomentar a igualdade e, por outra, dar a coñecer o noso municipio. Esta é unha actividade que forma parte do Programa de Sensibilización, Información e Difusión sobre Igualdade e Prevención da Violencia contra as Mulleres da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

O xogo repartirase nos distintos centros educativos do noso municipio e nas bibiliotecas municipais de Zas. A modo de "Trivial", o xogo componse dun taboleiro cunha ruta a seguir polos diferentes persoas que xogan. A maior parte das preguntas corresponden á cor lila e están relacionadas coa igualdade. As outras cores están relacionadas con distintos temas sobre o Concello de Zas: historia, patrimonio. natureza,... Hai varios graos de dificultade en función da idade e a través deste preténdese fomentar a reflexión individual e colectiva ao redor de situacións que provocan desigualdade na vida cotiá das persoas e dar as ferramentas para evitalas. Paralelamente trabállanse contidos xerias de forma que as nenas e nenos participantes adquiran un sentido de pertenza á comunidade dende idades temperás.

"Zas en igualdade" é un xogo ideal para xogar en familia e co que os participantes se poñerán a proba sobre a igualdade, mulleres que destacaron na historia, feminismo, acoso, estereotipos, datas conmemorativas, cultura e xeografía e patrimonio do Concello de Zas. 

 

O material elaborouse grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e co financiamento do Pacto do Estado ó Centro de Información á Muller - CIM - do Concello de Zas.  

Compartir: