Xogos a través das redes sociais e obradoiros infantís para celebrar o Mes do Patrimonio

30-10-2021

 

O vindeiro 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial e co gallo desta data o Concello de Zas, a través da área de Patrimonio, vén de organizar un programa de actividades que se levarán a cabo durante todo o mes de novembro e que están dirixidas a toda a veciñanza.

As actividades comezan xa o luns, día 1 de novembro, cun xogo que se realizará a través das redes sociais do Concello de Zas e co que se poñerán a proba os coñecementos da nosa veciñanza ademáis de darlle valor ao noso patriminio. Cada semana centraremonos nun tipo de patrimonio (arquitectónico, natural, arqueolóxico e inmaterial) e a dinámica será sempre a mesma: polas mañáns publicarase o elemento ou elementos a resolver e a última hora do día a súa solución. Para iso empregaremos diferentes tipos de xogos: imaxes encubertas, sopas de letras, relacionar lugares, cruzadas e frases a completar. 

Obradoiros infantís para descubrir o noso patrimonio

Por outra banda, xa están abertas as inscicións para participar nos diferentes obradoiros infantis que se realizarán os sábados do mes de novembro de 16:00 a 18:00 horas. Baixo o lema “Descubrindo o patrimonio de Zas” os máis novos descubrirán unha boa parte do patrimonio do noso concello dunha forma divertida e moi entretida. Primeiro realizarán un paseo polo lugar e a continuación realizarán un obradoiro manual sobre a temática que traballaran. 

O primeiro obradoiro leva por título “Que fai un edificio coma ti, nun sitio coma este?”. O punto de encontro será ás 16:00 horas no Centro Sociocultural de Zas e dende aquí partirá o paseo por Zas para coñecer a súa arquitectura máis destacada. A sesión remata cun obradoiro manual

O 13 de novembro descubriremos o patrominio natural do noso muncipio a través da xornada “Quen vive nesta carballeira?”. Desprazarémonos ata a área recreativa de Pedra Vixía e alí estarán membros da Asociación Ambiental Senda Nova.

O seguinte sábado, día 20, realizaremos o obradoiro “Ave Grandimiro! Os arqueólogos saúdanche” que consisten en viaxar ata Brandomil para coñecer os seus segredos arqueolóxicos e poñeremos en práctica o aprendido.

Esta actividade rema co obradoiro “Recorda o que eu recordo” que está aberta a todos os públicos e que se realizará o 27 de novembro ás 16:00 horas nas Torres do Allo. 

Para asistir a calquera destes obradoiros é necesario anotarse antes no Centro Sociocutural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056).

 

Compartir: