O Concello de Zas amplía o ancho das estradas municipais de A Churía, A Vicenta e Sobreira

18-10-2021

 

Co fin de continuar co plan de mellora e conservación das estradas municipais posto en marcha polo Goberno local, estes días estanse a realizar obras en varios treitos do noso munipio coas que se ampliarán o ancho do vial e se incrementará así a seguridade.

En concreto os traballos céntranse no asfaltado dos sobreanchos nas estradas de A Churía (Meanos), A Vicenta (Loroño) e Sobreira (Gándara). Unha vez rematadas as obras, incrementarase notablemente o ancho de ditas carreteras de titularidade municipal e, por conseguinte, mellorarase a seguridade viaria nestes puntos. 

As obras, incluídas no Plan Único de Concellos POS+ 2020 da Deputación da Coruña, supoñen unha inversión de 64.630,59€. A empresa Ctnes. J. Mauri e hijos, s.l. é a encargada de executar os traballos.

 

Compartir: