Avanzan a bo ritmo os traballos de renovación das beirarrúas e da rede de saneamento na Avenida da Cacharosa
13-10-2021
A entrada de Baio lucirá dentro de moi pouco un novo aspecto xa que avanzan a moi bo ritmo as obras de renovación das beirarrúas e da rede de saneamento que se están a realizar na Avenida da Cacharosa, no tramo comprendido entre o cruce de Baio Pequeno e o cruce de Zas.
O obxectivo principal desta obra, que foi adxudicada á empresa Construcciones y Excavaciones Germán Mouzo, S.L. por un total de 117.899,34€, é mellorar a seguridade viaria na zona así como renovar os servizos urbanos básicos. A Deputación da Coruña cofinanciará o 80% do investimento mentras que o 20% restantes asúmeos o Concello de Zas.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinala que estes traballos permitirán solucionar moitos dos problemas que tiñamos coa rede de saneamento así como mellorar a seguidade dos peóns. As obras estanse a realizar concretamente entre os puntos quilométricos 57,600 (cruce de Baio Pequeno) e 57,200 (cruce de Zas).
O proxecto consiste, por unha banda, na renovación da rede de saneamento do marxe esquerdo da estrada (dirección A Coruña) que contará cun sistema separativo de recollida de augas pluviais. E por outra parte, renovaranse as beirarrúas a ambos marxes da estrada AC-552 coa pertinente eliminación das barreiras arquitectónicas e coa renovación dos actuais báculos e luminarias por outras máis eficientes.
A renovación das beirarrúas existentes estase a realizar cunha baldosa de tipo hidraúlica que se senta sobre unha base de formigón. Os bordillos tamén son de formigón prefabricados.
As obras teñen un prazo de execución de catro meses.