Curso de xestión integral de piñeiros

05-10-2021

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria - AGACAL -, en colaboración co GDR Costa da Morte, organiza un curso sobre a xestión integral de piñeiros que se impartirá na Casa da Cultura de Vimianzo do 20 de outubro ao 5 de novembro. A duración do curso é de 40 horas e ten un formato teórico e práctico. As clases impartiranse en horario de tarde.  

Esta é unha formación que impartirán membros da empresa Foresín e está dirixida principalmente a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Os principais obxectivos deste curso son:

  • Identificar os diferentes aproveitamentos que se poden complementar coa extracción de madeira de piñeiro: resina, setas e gando
  • Adquirir os coñecementos técnicos e teóricos para realizar un aproveitamento resieniro profesional
  • Adquirir os coñecementos e ferramentas precisas para executar profesionalmente o aproveitamento micolóxico
  • Adquirir a formación precisa para establecer o gando como medio alternativo para o control do sotobosque
  • Adquirir os coñecementos para analizar a viabilidade económica dos diferentes aproveitamentos forestais

 

As persoas interesadas en asistir a este curso deben cubrir o formulario que se pode descargar ao final desta nova e envialo por enderezo postal a informacion@foresin.es

 

 

Descargas

Compartir: