Aprobado o Plan Provincial POS+ adicional 2021 que inclúe a ampliación da ponte do Allo e a reparación dos exteriores do Centro Sociocultural de Baio
22-09-2021
A corporación municipal de Zas aprobou no pleno ordinario celebrado esta mañá o Plan Provincial POS+ adicional cunha achega de 304.965,18€ por parte da Deputación da Coruña.
Este importe investirase integramente na mellora de infraestructuras e espazos públicos. Concretamente as obras que figuran nesta partida son a ampliación da ponte do Allo - cun orzamento de 128.467,95€ - e a reparación das fachadas do Centro Sociocultural de Baio e dos accesos exteriores, cun investimento de 88.239,64€
Retirada de fondos de Abanca
Por outra banda, no pleno desta mañá a corporación municipal aprobou por unanimidade unha moción na que se insta ao Concello de Zas a retirar os fondos depositados en ABANCA despois de que a entidade pechara de forma definitiva a oficina da vila.