O Concello de Zas acondiciona as áreas de estacionamento e de acceso ao campo municipal de fútbol e ao tanatorio de Zas
17-09-2021
Aproveitando os últimos días de verán puxéronse en marcha as obras de acondicionamento das áreas de estacionamento e accesos ao campo municipal de fútbol de zas e ao tanatorio municipal. Para o Concello de Zas o obxectivo destes traballos é mellorar notablemente a estética e a accesibilidade da zona para o cal se invisten un total de 92.498,96€ con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña POS+ 2020 Complementario.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e os Tenentes de Alcalde, Óscar Lema e José Manuel Brenlla; achegáronse ata a zona para ver a evolución das obras que está a executar a empresa Construcciones Cernadas S.L.
Para mellorar a accesibilidade da zona delimitaranse e sinalizaranse as áreas de aparcamento tanto para o campo de futbol como para o tanatorio, mellorarase o firme oa aplicación dunha capa de aglomerado de 5 cm de expesor en toda a superficie e realizarase unha prolongación da senda peonil que vai cara o campo de fútbol. En canto á mellora da estética do lugar delimitaranse as parcelas mediante a execución de muros con deseños acorde á edificación recentemente realizada, ampliarase a rede de augas pluvias e mellorarase o alumeado público da zona con cableado soterrado.
Estas son obras demandas pola veciñanza e que entran dentro plan de mantemento e conservación dos espazos públicos posto en marcha polo goberno municipal de Zas.